Linkedin. Facebook. Twitter. Instagram. Youtube.

Mellora o ecosistema de innovación na túa empresa con estas 5 ideas (Parte 2)

Mellora o ecosistema de innovación na túa empresa con estas 5 ideas (Parte 2)
·
2 minutos de lectura
Mellora o ecosistema de innovación na túa empresa

Na anterior publicación falamos sobre consellos de como mellorar as estructuras dos equipos de traballo nunha empresa para promover espazos plurais de innovación e como permitir que os traballadores sexan forza motora do seu ecosistema de innovación.

Nesta segunda parte queremos achegarvos 5 consellos para promover a cultura da innovación enfocados á dirección dos equipos de traballo.

1. Sé transparente nos teus retos

Se os retos e obxectivos da empresa non son compartidos, levarános a unha situación onde as novas ideas xeradas polos equipos de traballo para innovar non van a encaixar co camiño elixido. Ademáis non se retroalimentarán entre si ó non estar coordinadas.

Ser transparente sobre que necesitas mellorar como empresa, axudará que todos avancen na mesma dirección, buscando solucións os mesmos problemas.

2. Admite os teus fracasos (e aprende deles) 

Compartir os casos de fracaso é tan importante como compartir os casós de éxito da empresa. Entender en que nos equivocamos e que as novas incorporacións á empresa o coñezan, permitiranos atopar ideas, motivacións ou procesos de reflexión para introducir realmente a innovación na túa empresa.

3. Aproveita a innovación aberta

Un erro típico de moitos directivos é centrarse en cultivar a innovación unicamente dentro da empresa. Esta mentalidade estreita exclúe as grandes mentes que existen fóra da túa organización. Para evitar este erro, aproveita a innovación aberta.

A innovación aberta é un proceso que permite ás empresas atopar solucións ós seus problemas máis difíciles obtendo aportacións de fóra da organización. O modelo de innovación aberta continua a crecer é será imprescindible ó deseñar as nosas estratexias . Se buscas lecturas sobre este tema este tema recomendamos este artigo de Henry Chesbrough.

4. Acepta o fracaso e faino a norma

É inevitable que a que a innovación leva o risco de fracasar. Para cada exemplo de innovación exitoso que cambia o mundo, hai un moitas ideas fallidas.

A reacción a este feito non pode ser intentar fuxir del, senón que debemos aceptalo e aprender a convivir con él como característica do sector. Debemos recoñecer a posibilidade de fracaso, desdramatizalo e fomentar iniciativas arriscadas para axudar aos empregados a abordar a innovación dun xeito máis aberto e inventivo. O fracaso é nesesario xa que da súa man ven a aprendizaxe, a adaptación e os novos conceptos e modelos. A gran maioría de innovacións son resultado de fracasos anteriores.

5. Participa nun Hub de innovación

Os Hubs de innovación son espazos onde os representantes das empresas reúnense e comparten enfoques sobre a innovación. Tendo crecendo en popularidade durante a última década, agora hai centos destes centros en todo o mundo.

O concepto de Hub de innovación recoñece a importancia dun enfoque multidisciplinar da innovación e mostra a importancia da colaboración na resolución de problemas. 

No nóso tecido temos dispoñibles os Hubs de Innovación Dixital Europeos (EDIHs). Bótalle un ollo aos hub de innovación preto de ti e pensa en como podes participar ti e os teus equipos.

Este tipo de prácticas  para tomar mellores decisións empresariais xa non son vistas como únicas das empresas especializadas en I+D+i, senón que son cada vez máis as Pemes interesadas, que fomentando a cultura da innovación permiten sacar o maior proveito ao coñecemento acumulado na empresa.

En Macrotest utilizamos estas ideas para mellorar día a día na nosa organización. Na nosa division de proxectos I+D+i buscamos axudar ás empresas a desenvolver o seus proxectos de innovación con melloras organizativas, busqueda de financiación e compartindo o noso “saber facer” (know-how) grazas a nosa experiencia.

Estamos a disposición para resolver todas as túas necesidades de proxectos I+D+i!

Está recibindo este correo electrónico porque visitou o noso sitio ou preguntou polo boletín periódico. Asegúrese de que as nosas mensaxes chegan á súa bandexa de entrada (e non ás súas carpetas de correo masivo ou lixo).
Política de privacidade | Darse de baixa