Mellora o ecosistema de innovación na túa empresa con estas 5 ideas (Parte 1)

Mellora o ecosistema de innovación na túa empresa con estas 5 ideas (Parte 1)

Cando falamos de como mellorar a producción innovadora dunha empresa, a solución máis obvia é aumentar gastos. Xa sexan en formación para os traballadores, en novos técnicos ou nun plan estratéxico. Mais estes gastos non son suficientes en si mesmos, ou sobretodo estes gastos non serán tan eficientes sen a organización e estructura interna axitada.

Hoxe queremos achegarvos 5 simples consellos que podes introducir na túa empresa para promover  a cultura da innovación. Nesta primeira parte, falaremos das estructuras dos equipos de traballo, as súas dinámicas internas e cómo podemos mellorar o noso ecosistema de innovación.

1. Anima á xente a usar as súas vacacións

Esta idea pode resultar obvia mais coa demanda de traballo do día a día quedado relegada a un segundo plano. O activo máis importante dunha empresa son os seus traballadores e a súa formación e coñecemento acumulado. Cando os empregados están cansos e queimados, non son tan produtivos nin creativos. Promover que tomen as súas vacacións axudaralles a desestresarse, polo que volven traballar cunha mente clara que é capaz de pensar de forma máis creativa. 

2. Recompensa o comportamento experimental

Se queres empregados innovadores, entón axuda a fomentar e recompensar o comportamento experimental. Se o traballador toma a iniciativa e proba algo novo que acaba beneficiando á empresa, podes facer un anuncio e darlles unha compensación ( por exemplo unha tarxeta agasallo). O traballador é quen ten contacto máis directo coas necesidades reais do día a día, e é capaz de analizar e imaxinar os métodos máis eficientes de facer o seu traballo máis produtivo e cómodo. Mostrar o teu aprecio motivará a todo o teu equipo a facer o mesmo para que obteñas os resultados que buscas.

3. Permite preguntas

A mellor forma de fomentar a innovación no traballo é promover debates e permitir que a xente faga preguntas. É esencial crear unha regra de “non hai preguntas estúpidas” para que a xente atrévase a facer preguntas. Cando fomentes as conversacións abertas, crearás un ambiente que apoie a innovación. 

4. Fai contratacións diversas

Imaxina un grupo de 10 persoas que proveñen dunha formación similar e comparten os mesmos supostos básicos. Agora, pensa nun grupo de 10 persoas diversas con diferentes procedencias e experiencias. Que grupo ten maior capacidade de innovación?

Cando fas da diversidade unha prioridade na túa empresa, aumentas automaticamente o potencial de innovación. Despois de todo, a túa empresa non só intenta chegar a clientes que son coma ti, o teu obxectivo é maximizar o teu mercado e chegar a todas as partes da sociedade. Como podes facelo se todos os que contratas parécense e pensan coma ti?

5. Adopta un enfoque de xestión non xerárquico

Cando se trata de fomentar a innovación no lugar de traballo, unha xerarquía estrita pode ser un verdadeiro problema. Se o teu persoal só pensa na innovación cando se lle encargue especificamente para facelo, nunca poderás alcanzar o máximo potencial da túa empresa. As empresas máis innovadoras teñen un enfoque de xestión horizontal, pero forte, que permite aos empregados romper barreiras entre as áreas de traballo. Moita innovación provén da polinización cruzada entre equipos e divisións, e do intercambio de ideas e problemas. Este tipo de prácticas  para tomar mellores decisións empresariais xa non son vistas como únicas das empresas especializadas en I+D+i, senón que son cada vez máis as Pemes interesadas, que fomentando a cultura da innovación permiten sacar o maior proveito ao coñecemento acumulado na empresa.

En Macrotest utilizamos estas ideas para mellorar día a día na nosa organización. Na nosa division de proxectos I+D+i buscamos axudar ás empresas a desenvolver o seus proxectos de innovación con melloras organizativas, busqueda de financiación e compartindo o noso “saber facer” (know-how) grazas a nosa experiencia.

Na próxima entrada comentaremos como mellorar a estratexia de innovación na túa empresa e sacar máis proveito ás oportunidades do teu contexto innovador.

Estamos a disposición para resolver todas as túas necesidades de proxectos I+D+i!